Entrega dos premios Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas

0

Capicua, a estrela lusa do hip-hop, actúa por vez primeira na Galiza, Xabier Díaz e a poesía de María do Cebreiro e de José Ricardo Nunes completan o programa de premios Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas. O concerto será de balde este martes ás 20:00 no Teatro Principal

premios aritmarSantiago de Compostela, 25 de outubro do 2016.- Capicua, unha estrela do hip-hop, e Xabier Díaz, un renovador do folclore tradicional, tocarán hoxe martes a partir das 20:00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela na gala de premios Ari[t]mar, unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas.

Estes premios teñen por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións da Lei Valentín Paz-Andrade. Na categoría de poesía gañaron María do Cebreiro, con “O corazón” e José Ricardo Nunes con “Não sei, minha filha…”

Capicua é Ana Matos, un dos novos talentos da música urbana e de raíz electrónica que está a triunfar con Medusa. Coñecida pola súa escrita emotiva e politicamente comprometida, pola espontaneidade e por unha clara actitude feminista, conta xa cunha longa lista de colaboracións, conferencias, proxectos sociais e workshops, sempre arredor da palabra e da música portuguesa.

Xabier Díaz compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016).

A retirada de billetes para asistir a este evento é na Escola Oficial de Idiomas de Santiago, de 09:00 a 20:00 horas, e no Teatro Principal, a partir das 18:00 a 21:00 horas. A entrada é libre e gratuíta até completar a capacidade da sala.

A gala, que será presentada polos artistas Carlos Meixide e Isabel Risco, está promovida pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; patrocinada polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística e Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial