Entregados os premios do III Concurso de Tapas de Frades

0

Frades, 27 de decembro do 2016 – O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, fixeron entrega dos premios do III Concurso de Tapas de Frades, celebrado a principios de mes.

1º Premio

Rey Martínez e Portos Bra desprazáronse ata Ponte Carreira para entregarlle o premio de 300 euros e placa conmemorativa a Chelo Castro Méndez, de Adega A Coviña, como gañadora do certame grazas ás súas tapas “Polbo con cogomelos” e “Espetada a Coviña”.

Acto seguido, alcalde e concelleiro cruzaron a rúa para entregar o segundo premio a Xulio Espiñeira Vilariño, do Bar Vilariño, que por terceiro ano consecutivo acadou esta distinción de 150 euros e placa conmemorativa. Un premio logrado grazas ao seu “Montadiño de raxo”.

2º Premio

Finalmente, Roberto Rey e Juan Carlos Portos entregaron na Casa do Concello os premios ao público participante, onde Álex López Valiño (Frades) gañou unha cea para dúas persoas no restaurante Casa Vella; e Sandra Gómez Silva (O Pino) levou un circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Compostela (Brión).

Roberto Rey amosouse moi satisfeito co desenvolvemento deste concurso xa que “a promoción de Frades é unha das prioridades deste equipo de Goberno e este tipo de concurso son un modo moi interesante para darnos a coñecer, pois durante eses días son centos de persoas as que nos visitan para degustar as propostas do noso sector hostaleiro”.

Premios ao público

O alcalde agradeceu o traballo realizado polos seis locais participantes: café-bar O noso mesón, Adega A Coviña, Bar Vilariño e Taberna “O Mesón” (Ponte Carreira), hostal-restaurante O Cadaval (Ledoira)  e Casa Vella (Abellá).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial