Preocupación no concello de Frades polo ERE de Erimsa

0

Frades, 6 de setembro do 2018 – O Concello de Frades ve con preocupación a ameaza do expediente de regulación de emprego anunciado pola empresa Erimsa e amosa o seu apoio aos traballadores.

Os empregados de Erimsa son na súa gran maioría residentes en Frades e en municipios da comarca de Ordes (Mesía, Oroso e Ordes, principalmente). O alcalde de Frades, Roberto Rey, lamenta o anuncio realizado pola empresa, e xa lle trasladou o seu apoio ao comité de traballadores, pero confía nas palabras do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen dicía o pasado luns en Ourense que “confiaba en atopar vías de solución nas conversas con Erimsa para que a empresa  poida seguir desenvolvéndose á vez que se cumpren todas as garantías ambientais recollidas na lexislación”.

O alcalde valora tamén as últimas medidas correctores anunciadas pola empresa (como non actuar sobre terreos dedicados a agricultura ecolóxica ou que estean afectados pola PAC ou outro tipo de axudas; así como renunciar a calquera tipo de expropiación, chegando sempre a acordos cos propietarios) e asegura que  “no Concello de Frades nunca tivemos ningún problema coa empresa, nin tivemos reclamacións dos propietarios dos terreos sobre os que actuou. Sabemos que se traballou con grandes e pequenas explotacións gandeiras, en distintos terreos e nunca houbo problemas, sempre houbo un bo trato entre eles e os terreos lles quedaron ben acondicionados aos propietarios unha vez finalizada a actividade extractiva”.

Lindeiros publicaba hai dous anos unha reportaxe na que se explica o proceso extractivo que usa Erimsa e os procesos de búsqueda de terreos que nunca inclúen as expropiacións xa que sempre se chega a acordos cos propietarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial