Preocupación no concello de Teo pola posible reapertura da canteira da Casalonga

0

Teo, 21 de marzo do 2019 – Preocupación no goberno municipal de Teo polas novas que aparecen sobre a solicitude de Toysal de recuperar a actividade da canteira da Casalonga.

O alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, achegáronse á Casalonga onde puideron comprobar que había persoal da Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia e a Directora Facultativa da explotación, persoal de Toca Salgado, a empresa propietaria dos dereitos de explotación.

Dende o Concello tense solicitado en varias ocasións a Minas o Plan de restauración da concesión da explotación Casalonga número 6996 e o Plan de labores da concesión da citada explotación número 6996 así como o documento de Seguridade e Saúde da mesma. Así mesmo, tamén se pediu reunión co Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria para tratar este tema, de máxima preocupación para o Concello. Estas solicitudes non foron atendidas até o de agora a pesar de terse realizado en varias ocasións dende o 18 de febreiro e reiterado onte mesmo.

A falta de resposta da Xunta de Galicia é máis preocupante se cabe “cando constatamos o inicio da actividade xa que ao non ter información concreta do plan de laboreo non sabemos se os traballos se axustan ao citado plan ou non”. Dende o Concello estarase vixiante diante dos traballos e lémbrase que a zona está atravesada por un viario público cunha restrición ao tráfico pesado, concretamente non poden circular vehículos de máis de 4,5 toneladas.

O alcalde e a concelleira de Urbanismo amosan ademais a súa preocupación xa que sospeitan que non se adoptaron as medidas de seguridade necesarias para permitir o libre tránsito de persoas polo viario municipal. E destacan que se manterán vixiantes de que se cumpra a restrición do citado camiño para evitar calquera infracción ou risco para a veciñanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial