займ срочно

Preocupación polos vertidos do río Mercurín en Ordes

0

Ordes, 29 de xuño do 2018 – O Psoe de Ordes preguntará hoxe venres ao concello por un vertido detectado no río Mercurín e insistirá na necesidade de vixiar a zona.

Os socialistas levarán hoxe venres ao pleno ordinario de xuño unha moción na que reclaman dotar de maior vixilancia e coidado a área recreativa fluvial do Río Mercurín Ramiro Recouso para impedir comportamentos incívicos que se veñen producindo de xeito periódico nos últimos tempos. A esta proposta xa presentada para ser debatida en pleno únese agora a cuestión do vertido detectado esta semana.

O voceiro socialista Alejandro Manteiga lembra que “estamos falando da principal zona verde da Vila de Ordes e dunha das obras emblemáticas que se conseguiu no mandato 2007/2011, cando a Concellería de Medio Ambiente estaba baixo a dirección dos socialistas de Ordes” e explica que  “nos últimos días detectamos o que semella ser un vertido ao río Mercurín procedente dunha canalización situada nas proximidades do centro de saúde. Descoñecemos a súa procedencia pero a cor que presenta a auga non é nada normal”.

Os problemas de contaminación seguen a ser na bisbarra unha cuestión por resolver xa que, ademais dos constantes vertidos na zona da antiga mina de Touro, cada certo tempo aparecen situacións similares en lugares como o río Furelos en Melide, o Sar en Padrón ou, en este caso, en Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies