займ срочно

Preocupación polas novas sobre recortes do servizo do 061 con base en Arzúa

0

O Pino, 10 de febreiro do 2018 –  O Psoe de O Pino ven de rexistrar un rogo no concello para que o alcalde se interese ante a consellería de sanidade polas novas sobre posibles recortes no servizo do 061 con base en Arzúa.

Representantes dos traballadores da Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galicia, ambulancias do 061, manifestaban recentemente que un novo concurso de xestión do servizo contemplaría un recorte de operatividade da ambulancia con base en Arzúa pasando de 24 a só 12 horas diúrnas de servizo.

O PSOE de O Pino pide ao Alcalde que actúe ante a Consellería de Sanidade, ben, para que desminta esta información, ou, no caso dun posible novo concurso se garanta o mesmo servizo, é dicir, o das 24 horas, “non podemos permitir un recorte de 12 horas, sobre todo, de noite, e menos nunha ambulancia que da cobertura a poboación de catro concellos; Arzúa, Boimorto, Touro e O Pino”, manifestan dende o PSOE local.

Solicitan información e demandan un servizo básico

Así mesmo, como grupo político, esixen información á Consellería, non só para a veciñanza da Comarca de Arzúa, senón tamén para os traballadores/as do sector. Apuntan que, “un servizo básico como a Rede de Transporte Sanitario Urxente ten que estar garantido, libre de especulacións e precariedade. Temos problemas abondo para asentar poboación no rural e recortando servizos fraco favor lle facemos”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies