Presentación de Bestiario do Vestiario de Martiño Suárez

0

Compostela, 7 de febreiro do 2019 – Martiño Suárez presente este venres, as sete e media na Reixa Tenda en Compostela, o libro Bestiario do Vestiario.

A presentación contará ademais coa actuación do grupo Grampoder xuntarase con cancións dedicadas ao deporte. Bestiario do Vestiario, editado por Carlos Meixide, sae á rúa despois de lograr o apoio de preto de 150 persoas a través do financiamento colectivo (crowdfunding)

Martiño Suárez

O volume reúne nas súas páxinas a eternas promesas, ídolos caídos, xornalistas deportivos fallidos, revolucionarios sobre rodas, emperadores e nazis derrotados na cancha, tramposos, artistas obsesionados co xogo e tamén, por suposto, algún que outro recordo de infancia. O libro, continuación do Bestiario do vestiario publicado en 2016. Ademais do editor, participarán na presentación os xornalistas David Lombao

(director de Praza Pública, o medio dixital no que apareceron orixinalmente os artigos que forman o libro); e Pedro Pablo Alonso (director de Ao Contraataque, o programa deportivo da Radio Galega no que colabora Martiño Suárez). Ademais, para o evento xuntarase, por primeira vez en case dous anos, o grupo Grampoder, que interpretará un mini concerto composto por cancións dedicadas ao deporte, propias e alleas.

Formada por Le Roi e polo propio autor do Bestiario do vestiario, Grampoder editou na súa traxectoria o disco longo Golf Whiskey e o EP Tigerland.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial