Boqueixón, 2 de xullo do 2017 – Ao caer a tarde de onte sábado a Capela do Pico Sacro reunía a veciños e escritores para presentar o libro Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda.

O acto estaba organizado pola Asociación Mestre Manuel Gacio, impulsora da edición, e o concello de Boqueixón.

O volume reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun enorme traballo a recopilación de textos clásicos e históricos, algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe, e mesturalos nas páxinas con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.

No acto falaron Manuel Martínez alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, Delegado Provincial da Xunta de Galicia que aproveitou para escusar a presenza de Valentín García Director Xeral de Política Lingüística, e o propio Xosé Manuel Lobato que lembrou a dúas figuras moi vinculadas a asociación e a quen quixo dedicar o acto: Manuel Gacio, que da nome a asociación, e Xosé Neira Vilas, o único socio de honra e fillo adoptivo de Boqueixón.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies