займ срочно

Presentado o cartel do Festigal 2019

0

Compostela, 14 de xuño do 2019 –  Festigal 2019 traerá a italiana Banda Bassotti, que actuará xunto con Brassica Rapa, Arrhythmia e De Ninghures na véspera do Día da Patria de 2019 en Santiago de Compostela.

Para o 25 de xullo estarán Güintervan, DudeCan e Pandereteiras de Verducido. Este evento chega á súa XVIII edición para encher o campus sur de Santiago de Compostela de festa e de orgullo de país, xunto co compromiso polos dereitos sociais e nacionais de Galiza.

Durante un almorzo informativo, Lucía Veciño, da Fundación Galiza Sempre; Lucía López, da Comisión Festigal; e Claudia Quintela, de Galiza Nova, deron a coñecer no Hotel San Miguel dos Agros o cartaz deseñado por Carmen Rey que ela mesma definiu como “barroco rural chic”, “para conxugar o ámbito rural co urbano, a vangarda co tradicional para que camiñen xuntos na sociedade para reivindicar a nosa propia identidade”.

Lucía Veciño explicou que o Festigal constitúe “un escaparate para a cultura do país que conxuga a música, as ideas e as letras nun momento tan importante onde hai unha falta de apoio por parte da administración aos grupos e artistas deste país”. Desta vez, actuará Banda Bassotti, que leva desde 1981 nos escenarios e “son referencia na música contestataria polas súas letras de carácter antifascista, de solidariedade internacionalista e dos dereitos dos pobos”.

De Ninghures, o grupo gañador do concurso “Novos Valores”, abre o Festigal con música tradicional na noite do 24 de xullo, do mesmo xeito Pandereteiras de Verducido a sesión do Café-concerto do 25 de xullo, coa fusión de sons tradicionais e de blues. “Estará tamén o trío de Lugo Arrhythmia e Brassica Rapa, que interpreta música galega fusionada con jazz e pop”, explicou Lucía Veciño. Tamén o 25 tocarán o grupo DudeCan, do Val Miñor, que fai funk en galego; e Güintervan, con influencias de foclore balcánico, irlandesa e italiana.

“O Festigal é sempre bandeira da defensa da liberdade e da diversidade desde unha perspectiva propia, a galega, non subordinada a ningunha outra cultura e poñendo en valor todas as expresións artísticas e de creación”, afirmou Lucía López. Este Festigal está feito “desde Galiza e para o mundo, orgullosas do que somos e do que creamos colectivamente”, engadiu.

O Festigal tamén terá Galería das Letras con presentación de novidades literarias, haberá diversión para crianzas no espazo infantil, palestras e debates na Galería das Ideas, ademais das zonas de tendas, artesanía, asociacións e xantar. “É unha festa para todas as idades como quixemos plasmar no cartaz, que hai que vivir cando menos unha vez na vida para logo repetir”, engadiu.

Pola súa parte, Claudia Quintela, destacou o labor de Galiza Nova para participar activamente nas quendas de traballo da organización, “porque existe unha base de militantes e simpatizantes que conseguen que o Festigal leve estes anos a dar froitos para traer novas músicas e ideas”.

Neste sentido, convidou a todas as persoas “que queiran colaborar e botar unha man no voluntariado para seguir a construír este evento para a mocidade, que se poden poñer en contacto con Galiza Nova a través do correo electrónico, nas distintas comarcas ou na web do Festigal”.

Destacou tamén que hai espazo de acampada para a noite do 24 de xullo, cun prezo de 4 euros, para o que é necesario inscribirse na web do Festigal, co obxectivo de facilitar a participación nas actividades do 24 e 25 de xullo do Día da Patria en Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies