Presentan alegacións ao drenaxe da mina de Touro

0

Touro, 16 de febreiro do 2019 – O BNG de Touro ven de anunciar que presentará alegacións ao proxecto de drenaxe temporal da mina presentado pola empresa.

O documento sobre a drenaxe, que está a exposición pública, deixa según os nacionalistas máis interrogantes que respostas. O BNG explica que “a única certeza é que a empresa recoñece a contaminación derivada da anterior explotación mineira e tamén, aínda que sexa implicitamente, a neglixencia das medidas de control interno de efluentes e lixiviados que nin resolveron nin melloraron o problema da hiperacidez e alta concentración de metais pesados que soportan estas augas”.

O proxecto consiste unicamente  en bombear a auga dos regatos Portapego, Felisa e balsa de Angumil (bacía río Lañas) para almacenala na lagoa de Vieiro (bacía do Río Brandelos). Isto supón según o BNG que para resolver o problema de contaminación dun río suprímese este  e  trasládase  a outra  zona da mina. Os nacionalistas indican ademais que “chama a atención que o obxecto do proxecto sexa unicamente calcular a capacidade de almacenamento da balsa de Vieiro, para determinar a duración do mesmo, estimando en 6,8 meses o tempo  en alcanzarse a capacidade  máxima  de almacenaxe desta balsa. O proxecto só traslada no espazo (da zona leste a zona oeste da antiga explotación) e no  tempo (6,8 meses) un problema tan grave de contaminación, no canto de buscar medidas correctoras definitivas para o problema da hiperacidez e alta concentración de metais pesados destas augas que non aparecen por ningures”.

Tampouco se recolle que pasará unha vez superado o horizonte temporal previsto de 6,8 meses, se se manterá o bombeo ou se voltará a situación actual. Outra cuestión que queda sen respostar é que medidas se van tomar para evitar que, debido as filtracións desta balsa, estas augas contaminadas cheguen ao río Pucheiras (afluente do Brandelos) aumentando aínda máis os problemas de calidade das augas que xa soporta este río.Tampouco se da resposta a a cal vai ser o destino destas augas unha vez almacenadas na lagoa de Vieiro. En este punto o BNG lembra que o proxecto de reapertura da mina contempla como unha das primeiras actuacións o valeraido da corta de Vieiro para comenzar a extracción.

O BNG demanda que calquera proxecto que se aprobe para o control da contaminación dos efluentes mineiros debe aportar unha  solución definitiva e permanente, nunca temporal, de xeito que  se garanta a non afección ao medio natural. Así mesmo, que calquera medida que se autorice non supoña o traslado do problema de contaminación das augas mineiras dunha ubicación a outra dentro da explotación, e, en todo caso, non supoña un risco ou factor de empeoramento da calidade das augas e dos solos en toda a área da contorna mineira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial