займ срочно

Preséntase no Museo do Pobo Galego o libro A idade do ferro

0

Compostela, 12 de decembro do 2018 – Esta tarde, 19:30, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro, do fotoxornalista José M. Salgado, A idade do ferro.

A Idade do ferro está incluído na colección Imaxes dun País e documenta o estado da cultura do ferro na provincia de Lugo e o occidente de Asturias a través de 181 fotografías. O libro conta ademais cunha ampla presentación do autor e tres introducións de Juaco López (director do Muséu del Pueblu d´Asturies), Luis Celeiro (xornalista) e Clodio González (investigador e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego). Estes dous últimos acompañarán a José M. Salgado na presentación de esta tarde.

Este libro vén a completar e a enriquecer a exposición “A idade do ferro. Fotoensaio de José M. Salgado” que co-organizou esta institución con motivo do 40 aniversario do Museo do Pobo no ano 2017. A mostra itinerou por diferentes partes de Galicia: a sede de Afundación de Lugo ou o Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies