Preto de duascentas persoas ateigaron a Casa da Cultura de Lousame na primeira edición do Concerto de Panxoliñas

0

Lousame, 24 de Nadal do 2017 –  Preto de duascentas persoas, entre veciños e músicos, ateigaron o auditorio da Casa da Cultura de Lousame durante a primeira edición do Concerto de Panxoliñas, celebrado na tarde/noite do sábado.

Coral de Esteiro

Unha iniciativa dirixida e presentada por Fernando Docampo, profesor da UNED Sénior, e na que participaron o Grupo de Pandereteiras da UNED Senior de Lousame, a Coral de Esteiro, O Son do Pote, o Coro Dorniña Abanqueiro, a Coral de Cando e os Jaitas Blues.

Unha gala moi amena e na que se combinaron panxoliñas con cancións tradicionais, que fixeron as delicias do público presente. Así, mentres as agrupacións corais tiraban fundamentalmente de panxoliñas, os grupos de gaitas optaron por un repertorio máis tradicional. Cada grupo interpretou tres ou catro pezas, o que alongou o concerto ata preto das 22:00 horas. O concerto pechouse cunha panxoliña interpretada por todos os participantes no concerto.

Domiña

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presidiu o acto e aproveitou a ocasión para felicitar as festas aos presentes e animalos a participar nas actividades de Nadal programadas polo Concello de Lousame, comezando co concerto solidario do alumnado da Escola de Música en favor de Cáritas e que terá lugar o 22 de decembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura. Nesa ocasión haberá que aboar unha “entrada” simbólica: un quilo de produtos non perecedoiros ou típicos destas datas.

Villaverde amosou o seu interese por que “despois do éxito acadado e o nivel amosado polos grupos participantes, este Concerto de Panxoliñas se estableza como unha cita fixa no calendario do Concello de Lousame”. Ademais, salientou o feito de que o público “puido desfrutar de distintos estilos musicais, dende a música tradicional á popular, pasando polas corais e as Panxoliñas de Nadal”. Finalmente, lanzoulle un reto a Fernando Docampo: “hai que ver de montar unha coral en Lousame”.

Coral de Cando

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial