Primeira xornada da I Miniolimpíada en Ordes

0

Esta competición esta organizada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

Ordes, 11 de outubro do 2016 – As pistas de atletismo de Vista Alegre (Ordes) enchéronse esta fin de semana de deportistas e público, debido á I Miniolimpíada da Mancomunidade de Ordes.  Concretamente disputáronse as probas de velocidade e salto de lonxitude, orientación e xadrez. Roberto Rey, presidente da Mancomunidade de Ordes; Jesús Rama, concelleiro de Deportes de Cerceda; Antonio Castiñeiras, tenente alcalde de Trazo e Luis Caamaño, concelleiro de Deportes de Ordes, foron os encargados de entregar as medallas e galardóns a pé de podio. Xa de cara á vindeira semana a cita será novamente o sábado a partir das 15 horas con fútbol sala no pavillón Castelao II, mentres que nas instalacións deportivas de Vista Alegre terán lugar as restantes competicións.

Nesta I Miniolimpíada participan un total de 120 deportistas dos 7 municipios da comarca. Organizada polo Club Atlética A Silva e a Mancomunidade de Ordes, cóntase co patrocinio da Deputación da Coruña, e coa colaboración de Jogafán Fútbol Sala, Club SEO e Club Xadrez Oroso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial