Os comedores escolares de novo fonte de conflito

0

Compostela, 25 de xuño do 2019 – A primeira Xunta de Goberno da nova lexislatura deixa os comedores escolares, de novo, no centro dunha polémica entre o novo goberno e Compostela Aberta.

A Xunta de Goberno tratou a situación dos comedores escolares para os que se abre o prazo de inscrición. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, explicou que, pese ao dito polo anterior equipo de goberno, non existe prego de condicións para sacar a concurso a xestión. A previsión é prorrogar o contrato actual polo menos durante seis meses para dar tempo a realizar o concurso. O ex concelleiro da área con Compostela Aberta, Manolo Dios, o desmentía nas redes sociais dicindo que esa afirmación era falsa e asegurando que “Os pregos están feitos por Galivalia. O informe económico tamèn, realizado pola empresa Pilot, e os criterios inexcusables do proxecto educativo igualmente. A nova Concelleira os coñece. O que non está iniciado é o proceso de licitación porque entendimos que o novo goberno debería avaliar si querían modificar ou engadir algo. Cónstame que a nova Concelleira o falou a semana pasada cos técnicos que son os que fan estos traballos e coa empresa redactora. No traspaso de poderes xeral e no específico de Educación falamos con detalle de todo esto. Mesmo tivemos unha reunión no meu antigo despacho e presenteille ás técnicas de Educación persoalmente. Xa me gustaría a min, en 2015, que alguèn deixara, aínda que fose simplemente, medio folio manuscrito. Eu non minto”.

Bugallo primeira xunta de goberno e polémica sobre os comedores escolares

Os plenos deixaranse de emitir por Youtube

Outra das cuestións abordadas na rolda de prensa foi a retransmisión que se viña facendo por youtube dos plenos municipais e as comparecencias trala Xunta de goberno. Según explicou Bugallo a empresa que realizaba este traballo o facía sen contrato e ata dispor dun orzamento e poder sacar a licitación o servizo non se poderá seguir realizando.

Orzamento técnico para o Pleno de xullo

O alcalde insistiu na necesidade de aprobar un orzamento no mes de xullo para poder afrontar o resto do ano. A prioridade sería facer fronte ás obrigas e aos compromisos de gasto que carecen de soporte financeiro e que hai que acometer.  Xosé Sánchez Bugallo confía en que a finais de esta semana se poida presentar unha proposta aos grupos municipais para “contar coas súas aportacións e participación”, e que este orzamento técnico vaia a pleno a finais de xullo.

Neste momento, segundo explicou o alcalde, existe “unha situación orzamentaria un pouco estraña. Liquídase o orzamento do ano 2018 con case 18 millóns de euros de superávit, pero ao mesmo tempo, gran parte das partidas orzamentarias do 2019 aparecen consumidas, porque se imputan facturas do ano pasado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial