Primeira Xunta de Goberno Local de Ames

0

Ames, 9 de xullo do 2019 –  A Xunta de Goberno Local de Ames celebrou a súa primeira reunión na que aprobou, entre outras cousas, o expediente de licitación da obra de Camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e Camiño a Ínsua cun investimento previsto de 52.250,22 euros, IVE incluído.

A nova mesa de contratación do concello, tamén aprobada na mesma xunta de Goberno, estará composta polo alcalde José Miñones como presidente; o primeiro tenente de alcalde, David Santomil, como primeiro suplente; o segundo tenente de alcalde, Blas García, como segundo suplente; e a terceira  tenente de alcalde, Genma Otero, como terceira suplente. Así mesmo,  Rosa Ana Prada, secretaría municipal;  Margarita Fernández,  interventora municipal; e  José Rogelio Pardo, xefe do Servizo de Contratación, ocupan o posto de vogais; mentres que Emilio Garrido desempeña a función de secretario da mesa.

Para este posto designouse a Mª Isabel Quintáns, funcionaria interina do servizo de contratación; e Jose Cabo, funcionario interino do servizo de secretaría como suplentes.

Delegación do Pleno na Xunta de Goberno Local

Asemade, durante a reunión tamén se aprobou por unanimidade, a delegación da competencia para a formación das mesas electorais, prevista no artigo 26 da Lei 5/1985 do 19 de xullo, na Xunta de Goberno Local. Este acordo foi adoptado na sesión plenaria de organización da Corporación Local que tivo lugar o 2 de xullo de 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial