займ срочно

Problemas na Escola de Música de Ames e no IES de Bertamiráns

0

Ames, 20 de setembro do 2017 – Ames comeza o curso con problemas en dos unidades educativas de máxima importancia como a escola de música e o IES de Bertamiráns.

A Escola de música de Ames non ten aínda contratados os profesores. Ames Novo explica nunha nota de prensa que a pasada semana o concello reuníase coas familias para comunicar que a Escola de música non comezaría o curso. Según ese escrito un informe de intervención indicaba que non procedía a contratación do profesorado.Ames Novo di tamén qiue presentou un escrito no rexistro no que demanda solucións e di non entender como se chegou a este punto sendo unha actividade prevista.

Desde o goberno municipal o concelleiro, David Santomil, en declaracións a Lindeiros, di que onte mantiveron unha nova xuntanza cos usuarios e que hoxe reuniranse co Comité de Empresa. Explica ademais que non é a primeira vez que isto sucede e que as clases comezaran o 1 de outubro como xa sucedeu en outras ocasións.

A situación do profesorado da Escola de Música Municipal, a Emma, e moi complexa e de feito as prazas quedaron fora da reforma da Relación de Postos de Traballo e iso provocou algunhas demandas laborais.

Situación tensa no IES de Bertamiráns

Mentres tanto as cousas no IES de Bertamiráns seguen complicadas. A semana comezaba cunha manifestación de alumnos diante do centro. Onte o grupo de pais denominado “Solucións IES Ames” denuncian os constantes problemas nas matriculacións e os conseguintes problemas de horarios nun comunicado. En ese escrito convocan unha asemblea mañá xoves, no Pazo da Peregrina as 20 H.  na que explicarán as ultimas incidencias acaecidas. Os pais indican tamén que recollerán todas as incidencias que se trasladen xuntanza.

O colectivo remata a nota preguntándose “¿Por que nun IES, con máis de 750 alumnos, restrínxese a libre elección de materias troncais por parte do alumnado, deixándolles nunha situación de desvantaxe con respecto a alumnos doutros centros e condicionando a elección de futuras carreiras? ¿Como é posible que a dirección cambie estas materias troncais elixidas polos alumnos a outras, sen consultarlles e sen informarlles, nin a eles nin ás familias?”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies