займ срочно

Os procesos de nacionalización a debate en Compostela

0

Compostela, 5 de setembro do 2018 – O Museo do Pobo Galego organiza desde este xoves o congreso La nación omnipresente: Nuevos enfoques sobre los procesos de nacionalización en la España contemporánea.

Aínda que centrado no caso español, no congreso contarase con varias comunicacións que examinan tamén outros países e un dos obxectivos será precisamente calibrar ata qué punto España debe ser considerada un modelo peculiar ou unha simple variante de procesos de nacionalización das masas que se desenvolveron simultaneamente no conxunto do continente.

As xornadas reunirán a expertos de diversas universidades españolas que tentarán ir máis alá da análise dos discursos nacionais (español e alternativos) para investigar un eido moito menos desenvolvido: cómo a identidade nacional era difundida e cómo era asimilada e interpretada polo común da poboación. Explorarase o papel do sistema educativo, o Exército, a literatura popular, a prensa ou o asociacionismo, entre outros.

O encontro terá os seguintes horarios e espazos:

Xoves 6 (Facultade de Xeografía e Historia): 9:30 a 13:45 e 16:00 a 19:45

Venres 7 (Museo do Pobo Galego): 10:00 a 13:30

O comité organizador está composto polos profesores Justo Beramendi, Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo e Alfonso Iglesias. O congreso terá lugar o xoves 6 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia en horario de mañá e tarde e o venres 7 no Museo do Pobo Galego en horario de mañá. A entrada é libre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies