займ срочно

Aberto a inscrición para o programa de conciliación‘Semana Santa no Camiño’ en O Pino

0

O Pino, 21 de marzo do 2017 –  O Concello do Pino abre o prazo de inscrición no Lecer Primavera 2017 ‘Semana Santa no Camiño’.

Trátase dunha proposta dos departamentos de Deportes e Servizos Sociais que pretende no só ocupar o tempo de lecer dos cativos e cativas, senón permitir ás familias compaxinar a vida familiar e laboral.

A actividade que organiza O Pino está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e o programa desenvolverase os días 10, 11, 12 e 17 de abril no centro escolar CPI Camiño de Santiago, en Arca. O prezo do programa é de 20 euros para os empadroados no Concello e de 40 euros para non empadroados.

As familias numerosas terán a maiores un desconto do 20% a partires do segundo fillo. A data límite para formalizar a inscrición é o 5 de abril. Para poñer en marcha o devandito programa requírese un mínimo de 10 participantes.

Lecer Primavera 2017 ‘Semana Santa no Camiño’ inclúe actividades de todo tipo, desde obradoiros, pasando por cociña, xogos, andainas….todo relacionado nesta ocasión co Camiño de Santiago. A petición de admisión no servizo realizarase cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require na mesma.

As inscricións realizaranse na Casa do Concello en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono 677 555 748 ou consultar nas páxinas web: www.concellodeopino.com ou http://sifservicios.com/.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies