займ срочно

Presentado o programa Todocosmos 2018 da USC

0

Compostela, 13 de xullo do 2018 – Onte foi presentado o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, que organiza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) eque chega a súa quinta edición.

Todocosmos conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que recentemente a recoñeceu como práctica Innovadora en Cultura Científica. Aínda que se desenvolve ao longo de todo ano, no verán concentra boa parte das súas propostas. Dende sesións de observación nocturna a visitas didácticas ao Observatorio, pasando por obradoiros ou charlas, que nesta edición se van diversificar en máis dunha vintena de concellos galegos con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas e rúas, praias ou parroquias.

O equipo de TodoCosmos confórmano José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo. Na presentación ademais deo director do observatorio, José Ángel Docobo, estiveron presentes o concelleiro de educación de Compostela, Manolo Dios, e o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández.

Docobo recoñecía a preguntas dos xornalistas que a preparación coa que chegan os cativos e maior, froito dunha mellor educación, pero sigue sendo necesario levar programas como este as parroquias

O programa xa comezou en xuño con actividades en Pontevedra, Santiago e Lalín. Sen estar pechada a axenda definitiva, e a maiores dun cursiño en Sanxenxo a finais de agosto, están previstas as seguintes sesións de observación nocturna:

[tabs]
[tab title=”Mes de xullo”]Noia, 17 de xullo ás 22:30

Barbadás, 18 de xullo ás 22:30

Lousame, 19 de xullo ás 22:30.

Porto do Son, 19 de xullo ás 22:30.

Rianxo, 20 de xullo ás 22:30.

Boqueixón, 27 de xullo ás 22:00

Sanxenxo, 27 de xullo ás 22:30.[/tab]
[tab title=”Mes de agosto”]Padrón, 1 de agosto ás 22:30.

Ribadeo, 3 de agosto ás 22:30.

Allariz, 5 de agosto ás 22:30.

Rianxo, 10 de agosto ás 22:30.

Santiago (Observatorio Astronómico, coa Cruz Vermella), 13 de agosto ás 22:00

O Grove, 14 de agosto ás 22:00.

Allariz, 15 de agosto ás 22:00.

Ribadeo, 16 de agosto ás 22:00.

Porto do Son, 16 de agosto ás 22:00.

Sanxenxo, 17 de agosto ás 22:30.

Padrón, 19 de agosto ás 22:00.

Porto do Son, 19 de agosto ás 22:00.

Noia, 20 de agosto ás 22:00.

Sanxenxo, 29 de agosto ás 22:00.[/tab]
[/tabs]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies