Presentan unha proposta de plan de transporte para Touro

0

Touro, 6 de outubro do 2018 –  En Marea Touro ven de presentar un plan de transporte para o concello que remitiron xa a Xunta de Galicia.

Na actualidade a Xunta de Galicia esta recibindo propostas dos municipios de cara a mudar o plan de transporte metropolitano no vindeiro ano. En Marea Touro explica que dado que o concello non enviou ningunha proposta decidiron estudar, xunto cos veciños, as necesidades e o xeito de mellorar a mobilidade dentro do concello e cos concellos limítrofes, especialmente Santiago.

O proxecto inclúe 3 liñas de bus, que conectarían todas as parroquias do concello, entre sí, con Fonte Díaz, e con Santiago de Compostela, ben en viaxe directa, ben mediante transbordo dun bus a outro. En Marea engade que “Co deseño destas rutas melloramos as carencias do actual sistema de transporte, co que maior parte da poboación non dispón de autobús de ida/volta para ir a Touro e a Santiago todos os días, os horarios actuais imposibilitan usar o transporte para ir o médico, estudar ou traballar.

Pola contra, coa nosa proposta conseguimos que todas as parroquias dispoñan dun autobús en 2 frecuencias diarias de ida/volta para ir a Santiago e Touro, acurtando os tempos dos traxectos notablemente. Tamén adaptamos os horarios ás necesidades da xente, dándolle prioridade ós servizos de autobús a primeira hora da mañá para os diferentes servizos e retrasando o último bus dende Santiago para que permita volver de traballar ou estudar”.

As rutas

O traxectos deseñados polo grupo político serían os seguintes

RUTA 1: Beseño – Turces – Merés – Circes –Calvos – Cornado – Andeade – Quión – Ventín – Touro – Loxo – Os Torreis de Abaixo – A Xesteira – Tarrío – Santiago de Compostela.

RUTA 2: Novefontes – Fao – Fonte Díaz – Loxo – Cimadevila e Fontes Rosas – Prevediños – Vilar – Santiago de Compostela.

RUTA 3: Ribeira – Obra – Foxás – Coto de Millán – Vilar (Neste punto haberá a opción de facer transbordo de xeito que a xente que se dirixa a Santiago debe cambiar de bus e integrarse no BUS 2, se por contra, os usuarios se dirixen a Fonte Díaz, continuarán neste BUS 3.) – Prevediños – Bama – Enquerentes – Loxo – Fonte Díaz.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial