займ срочно

Unha prórroga fora de contratos podería manter o servizo da piscina municipal de Teo

0

Teo, 28 de xaneiro do 2021 – O pleno municipal celebrado este mércores en Teo desvelou que concello e concesionaria traballan nunha opción para manter a piscina aberta.

Piscina cuberta da Ramallosa, en Teo

No apartado de rogos e preguntas Manuel Barreiro do BNG preguntaba pola situación do servizo ante a fin do contrato da piscina nos vindeiros meses. O alcalde, Rafa Sisto, fixo un resumo do sucedido ata o momento e explicou que se traballa nunha prórroga entre contratos.

Un tema complexo

Sisto comezou dicindo que se trataba dun tema complexo. A piscina estaba tendo un bo rendemento que posibilitaba que no seguinte contrato o canon anual de 32.000 euros, que o concello ten que pagar á concesionaria, fora eliminado.

A chegada da pandemia mudou todo o escenario. O concello tiña que tomar unha decisión sobre o servizo antes do verán pasado para que a licitación chegara antes do vindeiro mes de abril.

A concesionaria propuxo unha prórroga pero, dada a crise sanitaria, solicitaba unha compensación económica ante a imposibilidade de que se cumprira o contrato. A empresa adevertía tamén ao concello que sacar o concurso era un risco xa que as empresas non se arriscaban a participar ante a incerteza do escenario actual.

Opcións actuais para a piscina

Así as cousas, rafa Sisto explicaba que o concello traballaba en dúas opcións principais: o peche da piscina, co que suporía para os 1.900 abonados, ou a municipalización temporal

O pasado luns empresa e concello mantiñan unha reunión na que aparecía unha terceira vía, unha prórroga entre contratos

O alcalde engadiu que unha vez valorada a proposta presentada pola empresa convocarase a xunta de voceiros para explicar cales son as decisións ao respecto. A falta de máis datos é doado pensar que a empresa reduciu na súa iniciativa as demandas económicas da proposta presentada no 2020 pero será algo que se verá en vindeiras datas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies