Inaugurada a base operativa de Protección Civil de Ames

0

Ames, 27 de xaneiro do 2018 – O alcalde Ames, José Miñones, e o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, foron os encargados de inaugurar a base operativa da nova Agrupación de Protección Civil de Ames, situada no Centro de Usos Múltiples de Aldea Nova.

A agrupación comezou a funcionar no pasado mes de decembro, pero a pesar de ser creada hai menos de seis meses xa participou en máis dun cento de operativos do 112. Na actualidade Protección Civil de Ames conta con 26 voluntarios/as, pero o prazo de inscrición permanece aberto. O novo local servirá como base de operacións, lugar de descanso dos voluntarios cando están de garda, e para gardar o material que teñen. No acto participaron membros de distintos corpos de seguridade cos cales a Agrupación de Protección Civil colaborará nos seus operativos.

O alcalde de Ames, José Miñones, explicou que  “con este acto, queremos simbolizar a posta en marcha da Agrupación de Protección Civil de Ames. Un premio ao gran traballo que as voluntarias e voluntarios desenvolveron ao longo destes meses, desde a súa primeira actuación na Carreira da Familia celebrada no mes de setembro. No Concello de Ames estamos moi orgullosos dos traballos realizados, coa súa participación en 40 accidentes, 30 recollidas de animais, media ducia de incendios e 30 servizos propios, entre outros operativos. Estamos satisfeitos coa creacións do grupo de Protección Civil, que foi un obxectivo do goberno municipal desde o comezo da lexislatura”.

Neste acto tamén se adiantou que no mes de febreiro, dez voluntarias e voluntarios realizarán un curso de control da avespa velutina. Posteriormente, na primavera,  porase en marcha un operativo de asistencia a peregrinos que percorran os dous camiños xacobeos que atravesan o noso concello, así como outras rutas como as da “Estrela” ou a de “As pegadas de Rosalía”. 

Miñones tamén engadiu que “o goberno municipal considera de especial relevancia que as voluntarias e voluntarios se formen, co obxectivo de poder garantir á veciñanza a mellor atención posible. Deste xeito, solicitamos á Xunta a prestación de cursos descentralizados nesta nova instalación, así como a dotación dun vehículo equipado que facilite algúns traballos como os de limpeza de estradas e rúas ou o de sinalización de accidentes. Necesitamos incrementar os recursos para poder incrementar a eficacia das diferentes tarefas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial