займ срочно

O regulamento europeo de protección de datos centra unha charla en Ames

0

Ames, 13 de maio do 2018 – Este martes, 20:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá unha charla sobre o novo regulamento europeo de protección de datos organizada polo concello de Ames en colaboración coa organización Acción contra el Hambre.

Acción contra el Hambre desenvolve en Ames unha serie de talleres dentro dos seus programas de formación. Estes talleres serán impartidos pola técnica de emprendemento da organización, Itziar Villar. As persoas interesadas en participar poden contactar co departamento municipal de Promoción Económica, a través do enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal, ou dirixíndose a Itziar Villar no correo ivillar@accioncontraelhambre.org ou no teléfono 689 869 465. A conferencia de este martes sobre protección de datos e a súa regulación será impartida por Cristina Castro, do Colexio de Avogados da Coruña, a asistencia é libre aínda que está pensada para empresas e autónomos.

Máis actividades

Dentro do plan formativo de Acción contra el Hambre que se desenvolve en colaboración co concello de Ames o 16 de maio continuarase co plan de marketing e comercialización. Neste caso para coñecer os aspectos e variables básicas do marketing e a súa aplicación a un proxecto empresarial. O 22 de maio tratarase de coñecer as competencias emprendedoras a través dunha ferramenta de gamificación. Para o 24 de maio está previsto o taller denominado a miña empresa na Internet: RRSS e comercio electrónico, onde se aprenderá a comunicar e vender un determinado produto/servizo a través da rede, redes sociais, páxinas web e o seu posicionamento. O 29 de maio abordarase o estudo de viabilidade: plan económico. Os participantes neste taller farán unha análise económica e financeira do seu proxecto. Tamén se falará da presentación de informes, estudo de liquidez e alternativas de financiamento. Por último, o 31 de maio tratarse o traballo en equipo e maila comunicación (adestramento da capacidade de relación, a comunicación e o traballo en equipo. Tratarase de facerlles ver aos participantes a importancia da escoita activa, da comunicación non verbal e da asertividade).

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca “a aposta que se está a facer polas empresas de Ames e os emprendedores do noso concello, na que a formación e as actividades desempeñan un papel importante e se suma á rolda de actividades que se están a facer nas últimas semanas”.

Programa Vives Emprende

Estas conferencias e talleres formativos enmárcanse dentro do Vives Emprende, un programa gratuíto que ofrece asesoramento, formación e acceso a financiamento ás persoas desempregadas ou con emprego precario de Ames, que desexen emprender como opción para mellorar a súa situación laboral de forma estable e duradeira.  O Fondo Social Europeo, a través do POISES 2014-2020, e a Xunta de Galicia a través subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, financian este proxecto, para o que o Concello cede os espazos que o albergarán. Vives Emprende dota ás persoas emprendedoras de todas as ferramentas que necesitan para poñer en marcha a súa idea de negocio e acompáñalles durante todo o proceso emprendedor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies