Protestan na rúa pola ampliación da Alameda da Estrada

0

A Estrada, 21 de xaneiro do 2019 – O Bloque Nacionalista Galego da Estrada saíu a rúa para protestar pola ampliación da Alameda que consideran un “despilfarro”.

O portavoz nacionalista, Xosé Magariños, declarou que “levamos desde 2015 cunha posición firme en contra da ampliación da Alameda na que o PP está empeñado en enterrar máis de tres millóns de euros, unha obra que borra dun plumazo parte do noso pasado cultural e sentimental, o que dá conta do que significa para o PP a cultura e o patrimonio. Por moito que o alcalde minta nas redes sociais para tranquilizar ao seus, a nosa posición sempre foi a mesma a redor da ampliación da Alameda: temos un concellos no que hai moitas carencias, no rural e na vila, ás que cómpre darlle prioridade”.

Os nacionalista consideran que a situación do concello require outras medidas e poñen como exemplo os numerosos comercios pechados. Lembran tamén que propuxeron que o concello se sentara co sector para buscar solucións sen conseguilo.

Sobre as obras da Magariños explicou que “as obras da Alameda están xerando malestar entre os veciños e veciñas, non só porque cortaran árbores centenarias ou destrozasen unha praza que apenas ten 16 anos e que estaba en perfectas condicións, senón porque os veciños e veciñas saben que iso non é prioritario, e non o é porque sofren continuos cortes dun ben imprescindíbel para vivir dignamente como o é a auga, o último foi esta mesma semana, outra vez en Fernando Conde”.

Na protesta o BNG pendurou distintos cartaces, no valado da obra, que reflectían problemas do concello como os verquidos dos sumidoiros, a falta de saneamento no rural, a recollida de lixo o os problemas das persoas dependentes.

Para Xosé Magariños “A Estrada agoniza, iso é evidente, levamos 20 anos con crecemento vexetativo negativo, temos o rural abandonado, e non só o dicimos polos viais, as cunetas, o saneamento… senón porque está a monte, improdutivo e non se albisca no horizonte ningunha política que lle dea a volta a esta situación, nin por parte do goberno municipal nin por parte da Xunta”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial