Continúan as protestas dos traballadores do Hostal dos Reis Católicos

0

Compostela, 17 de xullo do 2018 – Representantes dos 117 traballadores do Hostal dos Reis Católicos volveron a manifestarse diante do Parador este luns para reclamar a actualización do convenio laboral.

A situación só afecta ao Hostal que ten un convenio propio distinto dos de outros Paradores da rede nacional. Álvaro García é un dos representantes e explicaba que este convenio leva 8 anos sen ser actualizado

As peticións dos traballadores xiran en torno a 3 moi concretas relativas a prima de produción, horas de traballo das camareiras e o complemento de incapacidade temporal

Pola súa banda a dirección do Hostal céntrase no IT ligado ao absentismo e na redución do importe dunha paga extra a cambio de subir a prima de produción

Os traballadores teñen unha nova reunión mañá mércores e de non darse acordos significativos volverán as protestas o día 21.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial