O proxecto mineiro de Touro – O Pino centro, de novo, dunha bronca no Parlamento de Galicia

0

Bisbarra, 6 de decembro do 2017 – O BNG levou ao Parlamento de alicia unha nova proposición de lei sobre o proxecto mineiro que se quere instalar nos concellos de Touro e O Pino.

Non variaron as posturas sobre o proxecto mineiro con respecto ao debate do 8 de novembro. En aquela ocasión En Marea levou a súa propia proposición sobre este tema. As posturas se manteñen nos grupos da Cámara sen que os veciños saiban moi ben como acabará todo isto.

José Luís Rivas defendeu a proposición polo BNG e aportou, se caben, máis dubidas sobre o proxecto. Comezou falando do número de empresas que aparecen en torno a mina e sobre a dificultade de buscas responsables se algo sucedera

Rivas lembrou tamén que, no seu día, existiron 300 millón de pesetas para a recuperación que nunca foron usados a vista de que como está na actualidade

O parlamentario do BNG rematou invitando aos responsables da Xunta a achegarse a zona e preguntándose si estamos ben da cabeza mantendo aquilo así

A continuación Abel Losada polo Psoe mantivo a mesma postura, non lles gusta o proxecto pero, si cumpren todo o que marca a lei, non se pode prohibir

Polo grupo de En Marea Francisco Casal lembrou o sucedido en Alnazcoyar e pediu, de novo, que se paralice calquera trámite ata arranxar o que quedou mal

Moisés Blanco do Partido Popular seguía o guión e apelaba a lei de minería aprobada polo goberno bipartito para defender que o proxecto tiña que seguir adiante si cumpría a lei

O debate remataba de novo coa intervención de José Luís Rivas que contestaba ao Partido Popular que se amparaban na lei como agora se amparan na Constitución aínda que moitos deles non a votaran, palabras que derivaron nunha broca que o presidente da Cámara tivo que deter

Terase que esperar a que tódolos informes solicitados pola Xunta sobre o proxecto mineiro se coñezan para saber que futuro terá. As posturas están claras pero da a impresión de que si é certo que se está a mirar polo miúdo a conveniencia da reapertura tamén o é que non parece preocupar a recuperación do que a día de hoxe hai na zona; da a sensación de que algúns pensan “si total vai reabrir para que arranxar a desfeita anterior”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies