O proxecto Performa congrega profesionais e investigadores do teatro en Compostela

0

Compostela, 4 de outubro do 2017 – Do luns 9 ao mércores 11 deste mes o Centro de Estudos Avanzados da USC (na Finca Simeón ou Parque de Vista Alegre) e a saLa Montiel acollerán o Seminario Actuar como: o espectador no acontecemento performativo, organizado polo proxecto de investigación Performa.

O Proxecto de Investigación Performa. El teatro fuera del teatro. Performatividades contemporáneas en la era digital foi financiado cunha axuda do Ministerio de Economía y Competitividad e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) correspondente ao marco de financiamento plurianual 2014-2020. As conferencias, abertas ao público, tentarán analizar as liñas de actuación e dinámicas dos últimos tempos no que se deu en chamar teatro “performativo” ou “postdramático” en relación co público, en tanto en canto este non pode ser xa entendido como unha audiencia pasiva.

O programa

O seminario comezará o luns 9 coa intervención de Mercè Saumell Vergés.do Institut del Teatre de Catalunya, “Entre la fricción y el juego cómplice” A continuación Lara Rozados, investigadora do grupo, moderará unha mesa sobre a cuestión do xénero nas novas dramaturxias e postas en escena, cos dramaturgos Clara Gayo e Antón Lopo e a actriz Patricia de Lorenzo, membro de Chévere. Despois, José Manuel Querol da Universidade Carlos III de Madrid abordará a cuestión do público na “performance política”, Belén Tortosa, da USC, as estéticas da ausencia, e Cristina Oñoro, da Carlos III tamén, ofrece a conferencia “Pensar el espectáculo: teorías  y representaciones”. Xa pola tarde, o seminario desprázase á saLa Montiel, de recente creación, para acoller a parte máis propiamente performativa do encontro, e as propostas de Ana Vallés (Matarile), Santiago Cortegoso (Ibuprofeno Teatro), Javier Martín e Celeste González.

Matarile Teatro, Staying Alive, foto de Rubén Vilanova

O martes continua  no CEA con Óscar Cornago, do CSIC, falando sobre a reconstrucción poética da esfera pública, Fabrice Corrons, da Université Jean Jaurès, aborda a cuestión do espectador en pezas concretas: Striptease de Pere Faura e mais Empathy and Prostitution de Abel Azcona. Eduardo Párez-Rasilla, da Carlos III, falará sobre o cambio de orientación nas liñas programáticas de diversos teatros públicos en Madrid; Gerardo Cruz, da Boston University abordará a inmersión do espectador a través da estética da crueldade en Teresa Margolles, e a mañá pecha con Cristina Tamames, da USC, co relatorio “Cuando los cuerpos son disidentes: un acercamiento a la tensión del logos y la ejecución de la obra performativa contemporánea”. Esa tarde na Montiel serán protagonistas Germán Sierra, Mónica Molanes Rial e Sabela Mendoza.

Por último, o mércores intervirán Manuel Portela, da Universidade de Coimbra, co relatorio “Actuar como espectador”; Theor Román, da Universidade de Murcia, con “El público expandido en las prácticas performativas”; Emmanuelle Garnier, da Université Jean Jaurès, con “La escena como espacio de intenciones compartidas: el ejemplo de Mea culpa, una performance de Maricarmen Rodríguez (2007)”, e, despoios das conclusións, expostas polo profesor da USC ANxo Abuín, director do seminario, Manuel Fernández Valdés presentará e proxectará o seu filme sobre Angélica Lidell Angélica [una tragedia], coa presentación do profesor Xosé Nogueira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies