Proyecto Entremares esta noite nas Crechas

0

Compostela, 8 de novembro do 2018 – Proyecto Entremares presenta esta noite nas Crechas unha proposta que mestura clásica, jazz, músicas atlánticas e flamenco

A entrada ao concerto ten un custo de 5 euros e o concerto comezará a partir das nove da noite. Proyecto Entremares é unha idea dos músicos Daniel Santos, guitarrista, e José Luis Fraga, clarinetista-saxofonista. Ademais dos mencionados instrumentos incorporan tamén a electroacústica. Sacaron a rúa o seu primeiro disco no 2017 baixo o nome de Entremares.

O grupo soubo crear un estilo que combina a música clásica e o jazz cunha forte influencia das músicas atlánticas e o flamenco. Composicións que nos guían por choros, fandangos, mornas ou fados, percorrendo cos seus acordes a Península Ibérica e facéndonos voar de Galicia a Cabo Verde, polo Océano Atlántico.

Estes dous grandes intérpretes prometen unha descarga sensorial por medio da improvisación e a composición. Clarinete, saxofón, guitarra e procesadores electrónicos en tempo real evocan as músicas tradicionais da Península Ibérica, de Sudamérica e África occidental. O seu fío condutor, o océano Atlántico. Presentan un proceso investigativo sobre as voces populares e os sentimentos implícitos nelas, desde Portugal, Brasil, Galicia e o mundo flamenco, recuperando o fandango, o choro, o folclore e readaptándoo ao formato de concerto por medio de elementos contemporáneos (diálogos de improvisación libre, grooves, electrónica en tempo real, procesadores de efectos, etc.).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial