Os Psicólogos Clínicos reclaman o seu papel no apoio aos sanitarios

0

Bisbarra, 24 de febreiro do 2021 – A Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS reclama que se lles inclúa no plan de atención ao persoal sanitario.

Os psicólogos fan esta reclamación en resposta ao “Plan de intervención psicosocial para o apoio e a atención ao persoal do Servizo  Galego de  Saúde en pandemia de COVID-19”, presentado pola Consellería de  Sanidade, no que non se conta con eles.

O plan presentado anuncia a realización dun programa de acompañamento psicolóxico a profesionais que contará cun profesional da psicoloxía clínica en cada área sanitaria. O colectivo expresa o seu malestar xa que, según iso, encabezarán o plan sen que ninguén os consultara.

Os psicólogos lembran que desde o inicio da pandemia apoian ao resto de profesionais sanitarios, a maiores das funcións habituais “de xeito desinteresado e con escasas directrices por parte das xefaturas de servizo”. Consideran por esta razón que son “esenciais para a planificación, desenvolvemento e implementación de programas que se denominan de atención e apoio psicolóxico, ao coidado do seu benestar emocional”.

Outro dos motivos das queixas é que o plan pretende promover o liderado e establecer liñas de comunicación interna pero na práctica “comprobamos que unha vez máis os psicólogos clínicos quedamos excluídos na toma de decisións do noso ámbito específico de actuación”.

A Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS valora positivamente calquera iniciativa para mellorar a situación emocional do persoal sanitario. Ao mesmo tempo cren que “ampliar o foco para detectar factores estruturais e/ou organizativos, que causan ou manteñen o problema implicaría intervir na organización para xerar solucións nos niveis adecuados desde un enfoque máis preventivo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial