O Psoe de A Baña pide que o concello axude a manter as minas de auga

0

A Baña, 31 de xullo do 2017 – O Psoe de A Baña ven de presentar unha moción para que o concello colabore non mantemento das minas de auga do municipio e das que aínda se nutren moitos veciños.

Os socialistas explican que en parroquias como Monte, S. Cibrán, S. Vicenzo, ou Barcala entre outras os veciños sofren a falta de auga nas vivendas e o concello está obrigado pola lexislación de réxime local ao abastecemento de auga potable as vivendas que forman parte do municipio.

A falta dunha rede de suministro de auga leva aos veciños a abastecerse de mananciais privados pero as diferenzas sobre a propiedade dos mesmos fai que moitas vivendas queden sen poder acceder ao servizo.

O Psoe lembra que en algún caso que o concello colaborou finalmente non aportou os cartos prometidos e por iso propón a realización dunha ordenanza que regule a construción das minas de auga e na que se recolla un compromiso do consistorio na construción, canalización e mantemento e se garanta o servizo a aquelas vivendas que, aínda non sendo propietarios, acrediten a necesidade do mesmo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies