Psoe e BNG de Ordes presentan propostas para o POS

0

O BNG prioriza para Ordes obras de abastecemento e saneamento. O Psoe pola súa banda pide a eliminación da a perigosa saída dende Villamaior á AC-524

Ordes, 14 de novembro do 2016 – Psoe e BNg coincidiron no tempo a hora de presentar iniciativas aos Plans de Obras da Deputacion., os POS. A continuación un resumo das ideas que teñen para Ordes.

BNG

Pablo Vidal, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou que “os nacionalistas ordenses priorizarán a inclusión  de obras de abastecemento de auga e saneamento sobre o asfaltado de pistas” no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña 2017.

O edil nacionalista manifestou que, sen deixar de lado o mantemento das vías de circulación, “considera que o mais importante é que gran parte dos recursos que sexan asignados ao concello de Ordes, sirvan para dotar de servizos sanitarios básicos dos que aínda carecen grandes áreas do concello”.

Vidal tamén destacou que “en Ordes aínda existen numerosos pasos de peóns sen ramplas de acceso ás beirarrúas” e nese sentido os nacionalistas inclúen propostas para a mellora da accesibilidade neses casos.

A proposta do BNG inclúe obras de abastecemento de auga e saneamento en:

Abastecemento de auga na parroquia de Pereira (1º fase), nos núcleos de Aldea de abaixo, A Rúa, Pecenín, A Igrexa, A Pedra, Souto de Zar, Eirexe.
Bombeo de Saneamento na Maquía e posta en marcha do servizo (parroquia de Buscás).
Punto de carga para cisternas en Agromaior (parroquia de Lesta).
Substitución das tubaxes de abastecemento de auga de fibrocemento existentes na Rúa Nova e na Rúa de Galicia por outras novas de polietileno (vila de Ordes).
No tocante ás obras destinadas á mellora da accesibilidade, o BNG propón:

Ramplas accesibles nos pasos de peóns do cruce da Rúa Victor Gonzalez Faya coa Rúa do Recreo, no existente nas inmediacións do cruce da Rúa Alfonso Lesta coa Rúa do Mirón e nos da Rúa Nova e Rúa Rosalía de Castro.
Substitución dos semáforos existentes no cruce da Avda. Alfonso Senra coa Rúa dos Lagartos e a Rúa do Recreo e no cruce da Avda. Alfonso Senra coa Rúa de Galicia.
En canto ao asfaltado e mellora na pavimentación das vías, o BNG inclúe na súa proposta:

Asfaltado da pista posterior do Pavillón do Mesón do Vento, incluso ata darlle saída á pista Mesón do Vento – Buscás e Aglomerado tramo da pista que une a N-550 co cruce O Seixo – Buscás (parroquia de Ardemil).
Aglomerado da pista principal entre a intersección coa CP-3802 en Folgoso ata o núcleo de Aldeiña (parroquia de Barbeiros).
Asfaltado pista que bordea o núcleo de Vilasuso polo Leste (parroquia de Bean).
Asfaltado da pista a terra que une Uzás-Faramilláns e da pista que une a Rúa con Carballedo (parroquia de Buscás).
Aglomerado da pista entre a Estación e Fosado (parroquias de Montaos e Parada).
Asfaltado tramos deteriorados das pistas na zona da Espenica-Castiñeira e da pista que une o Valado coa Fraga da Galiña (parroquia de Ordes).
Asfaltado do tramo deteriorado na pista da Maquía e da pista que une o núcleo do Casal coa AC-524 pasando pola Porpalla (parroquia de Vilamaior).

Psoe

O grupo municipal socialista de Ordes presentou esta mañá no Concello de Ordes a súa proposta de actuacións para incluír no Plan de Obras e Servizos (POS) e Plan de Acción Social (PAS) que convoca a Deputación da Coruña. A voceira municipal do PSOE de Ordes, Verónica Gómez, salienta que se trata “dunha proposta que recolle as distintas peticións que nos realizaron os veciños e veciñas de Ordes, moitas das cales xa temos presentado o ano pasado pero que non foron tidas en conta polo alcalde”.

Así, os socialistas volven denunciar por terceiro ano consecutivo a urxencia de eliminar o perigoso acceso á AC-524 Ordes-Abellá dende Villamaior. Este acceso está emprazado nunha perigosa curva de reducida visibilidade na AC-524, unha estrada de moito tráfico (sobre todo tráfico pesado) e que circula a gran velocidade. “Para evitar esta perigosa saída propoñemos acondicionar outro vial da zona, que sería unha alternativa moito máis segura para os condutores da parroquia de Villamaior”, explica Gómez Fuentes.

Así mesmo, os socialistas solicitan a construción de varios tramos de beirarrúas no barrio do Paraíso, concretamente fronte ao IES Nº1 e na rúa García Gerpe. Ademais, reiteran unha das propostas presentadas en pleno: a construción dunha ponte dende a estrada de Barbeiros ao Pedrouzo e Fondo da Vila.

Propostas non aceptadas

Os socialistas de Ordes agardan que nesta ocasión o convite do alcalde a presentar propostas para o POS e o PAS da Deputación non quede no brindis ao sol no que quedou o do ano pasado. Por iso, reiteran as súas peticións dun bombeo para o saneamento na Maquía (Buscás), depuradora e saneamento en Lavandeira (Poulo) e melloras no saneamento e abastecemento en Reboredo, Piñeiro, A Gorita, Parada (en Castenda e na zona da Igrexa-O Pazo) e Pereira (abastecemento de auga na Aldea de Abaixo, a Rúa, A Igrexa e A Pedra). Así mesmo, piden o remate das obras de saneamento na Espenica e na Castiñeira. “É unha vergoña que os veciños e veciñas de Ordes teñamos que estar pagando o canon da auga e a Xunta non acometa nin un só investimento no municipio en materia de saneamento e abastecemento”, lamenta Verónica Gómez.

Finalmente, os socialistas reiteran as súas tres propostas para o PAS: incluír un Plan de Emprego Xuvenil e outro para maiores de 50 anos, poñer en marcha un plan de limpeza de concas fluviais para evitar desbordamentos e un plan de fomento do envellecemento activo dos nosos maiores.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial