займ срочно

O PSOE de Trazo denuncia o baleiro dos plenos municipais

0

Oroso, 25 de xuño do 2017 –  O PSOE de Trazo lamenta a falta total de contido das sesións plenarias que se convocan cada tres meses no municipio.

Proba disto foi a última sesión celebrada na que a orde do día incluía tan só tres puntos: aprobación da acta da sesión anterior, dar conta dos Decretos da Alcaldías e rogos e preguntas. “E para colmo, o señor Dafonte nin sequera responde ás nosas preguntas”, lamenta a voceira municipal socialista, Beatriz Domínguez.

A resposable do Psoe de Trazo considera que “unha vez máis, o señor Dafonte fai todo o posible para dificultar o noso traballo como oposición e pola veciñanza de Trazo. Por unha banda, baleira de contido os plenos, e iso que só temos un cada tres meses. E despois, os escritos que presentamos entre plenos non son tidos en consideración”. Unha situación que está levando a Trazo a unha situación de parálise case total: “como é posible que a 23 de xuño o alcalde diga que non sabe se se solicitou ou non a creación dunha brigada de incendios?”, pregúntase Domínguez Siaba.

Os socialistas de Trazo consideran que o alcalde “está caduco, agotado e sen proxecto nin capacidade de xestión”, polo que hoxe volveron a solicitarlle que “polo ben dos veciños se vaia para casa e deixe na Alcaldía a outro concelleiro do seu grupo político, que sabemos que están moito máis capacitados ca el”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies