O PSOE de Trazo leva ao Parlamento os horarios do Centro de Saúde de Agro do Mestre

0

Trazo, 26 de novembro do 2017 – Os socialistas de Trazo reclaman que se restableza o horario de atención sanitaria no centro de saúde de Agro do Mestre, onde uns 1.500 veciños e veciñas son atendidos.

O Psoe de Trazo explica que estes veciños teñen que agardar entre 4 e 8 días para ter unha cita co seu médico de cabeceira. Unha carencia que, ante a falla dunha solución por parte da Xerencia de Atención Primaria, o PSOE de Trazo trasladou ao grupo parlamentario socialista, que vén de presentar unha pregunta para a súa resposta oral, por escrito e na Comisión 5ª: “na lexislatura do rural, cando vai solucionar a Xunta de Galicia esta carencia tan importante para a poboación do Concello de Trazo?”.

A problemática no consultorio de Agro do Mestre naceu tras a prexubilación do seu médico titular, cuxa praza foi cuberta ata o pasado mes de outubro por unha doutora en réxime de interinidade sen que houbera queixa algunha. Sen embargo, a nova facultativa que ten a praza en propiedade incorporouse a ela cunha redución de xornada, polo que o tempo de consulta reduciuse das 6 horas a 2 horas e 40 minutos.

Agardas de más dunha semana

A voceira do Psoe de Trazo, Beatriz Domínguez, explica que “nós sabemos que esa redución de xornada é lexítima e defendemos o dereito da doutora a ela, pero entendemos que o SERGAS ten a responsabilidade de cubrir esas máis de tres horas diarias que se deixa de prestar servizo pois non é de recibo que un veciño ou veciña de Trazo teñan que agardar máis dunha semana para unha simple consulta co seu médico de cabeceira”. Neste sentido, os socialistas indican que dende o SERGAS propuxeron derivar pacientes ao centro de saúde de Viaño Pequeno, pero entenden que non é unha solución viable xa que ese médico non dispón de tempo e só podería atender a un número moi limitado de pacientes procedentes de Agro do Mestre.

Segundo as cifras publicadas pola propia Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, o consultorio de Agro do Mestre atendeu en 2016 un total de 7.831 consultas de medicina xeral e 4.040 consultas de enfermería; mentres que o centro de saúde de Viaño Pequeno atendeou 5.324 consultas de medicina xeral, 5.269 de enfermería e 831 de pediatría.

Os socialistas de Trazo lamentan que un servizo que ata non hai moito tempo viña funcionando con total normalidade se vexa agora devaluado por unha política de recortes ou minoración de servizos por parte da Xunta de Galicia, que non ten en conta os contratempos que ocasionan á cidadanía. “Non é só que o paciente teña que desprazarse 5,5 quilómetros para a consulta, o problema é que comezamos con agardas de catro días e onte xoves puidemos comprobar que están a dar cita para o venres da semana que vén, o que demostra que a situación vai a peor e o descontento veciñal é xeral”, indica Beatriz Domínguez. De feito, os socialistas de Trazo xa teñen transmitido á veciñanza a necesidade de que trasladen tamén esas queixas á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e valoran poñer en marcha unha recollida de sinaturas a próxima semana.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial