Solicitan que se amplíen os prazos de alegacións a reapertura da mina en O Pino

0

O Pino, 25 de setembro do 2017 – O PSOE de O Pino levará ao Pleno unha moción solicitando unha ampliación dos prazos de alegacións para o proxecto da Mina de Touro-O Pino.

O pasado 25 de agosto o DOGA sacaba a información pública a actualización do Proxecto Mineiro Touro-O Pino, promovido pola sociedade Cobre San Rafael S.L., que forman a galega Explotaciones Gallegas e a multinacional Atalaya Mining.

Nesta resolución, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, fíxase un prazo de 30 días hábiles para que todas aquelas persoas ou entidades que poidan resultar afectadas presenten as súas correspondentes alegacións, rematando o prazo a finais da primeira semana do mes de outubro.

O grupo Socialista de O Pino, dada a data na que saíu a exposición pública o

proxecto, en agosto mes de vacacións por excelencia, a pouca e escasa información que teñen os veciños da comarca e, apostando sempre pola máxima transparencia de cara o cidadán, solicitarán, ao Pleno da Corporación, un acordo instando o órgano competente para que conceda unha ampliación dos prazos establecidos para as alegacións.

Consideran que as circunstancias e características do proxecto o aconsella e con ilo non se prexudican os dereitos de terceiros e, “esperamos contar co apoio de todos os grupos que formamos a Corporación”, manifestan dende o PSOE local.

Charla informativa o día 2 de outubro

Por outra banda, tamén informan que o vindeiro 2 de outubro, as 20:00 horas no Centro Sociocultural Luis Seoane de Arca, os promotores do proxecto darán unha charla, aberta a toda a veciñanza, para informar e tratar de resolver as cuestións que alí se poidan formular. Charla que foi solicitada por todos os grupos que forman a Corporación de O Pino.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies