Alejandro Manteiga García será o novo concelleiro da Agrupación Socialista de Ordes

0

Ordes, 21 de marzo do 2017 –  A Agrupación Socialista de Ordes informa de que Alejandro Manteiga García, veciño do Mesón do Vento, será o novo concelleiro e voceiro do grupo municipal socialista do Concello de Ordes.

Alejandro Manteiga, número cinco da candidatura socialista, substituirá a Verónica Gómez, que renunciou o pasado 2 de marzo por motivos persoais que lle impedían atender as súas obrigas do cargo coa dedicación que tal responsabilidade conleva.

Alejandro Manteiga García asumirá esta responsabilidade logo das renuncias, por motivos de incompatibilidade laboral, de Antonio Morán e María del Carmen Arcos. Manteiga García ten 30 anos e reside na localidade do Mesón do Vento. Técnico Superior de Instalacións Eléctricas, está vinculado á Agrupación Socialista de Ordes dende hai unha década, formando parte das listas electorais de 2011 (como número 15) e de 2015 (como número 5).

A Agrupación Socialista de Ordes deséxalle todo o mellor ao novo concelleiro, a quen ofrece todo o seu apoio para o que resta de lexislatura, e aproveita para agradecer o gran traballo realizado durante os últimos anos por Verónica Gómez a prol dos veciños e veciñas de Ordes. Neste sentido, a Agrupación agradece a colaboración ofrecida tanto por Verónica Gómez como polo seu predecesor no cargo, Xesús Pedreira, que seguirán apoiando o labor do novo concelleiro socialista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial