займ срочно

O Psoe de Ordes insta á Xunta a axudar a emigración de Venezuela

0

Ordes, 28 de xullo do 2017 – Os socialistas de Ordes proporán que o vindeiro pleno municipal inste á Xunta de Galicia a establecer medidas urxentes e extraordinarias que palíen as dificultades vitais que están atravesando os galegos residentes en Venezuela e os emigrantes retornados desde o país.

A iniciativa foi presentada esta tarde pola parlamentaria autonómica Begoña Rodríguez Rumbo; o portavoz municipal do PSdeG, Alejandro Manteiga e o secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira.

A principal petición recollida na moción é que o goberno galego estableza unha liña de axuda humanitaria para medicamentos e artigos de primeira necesidade, aos que a emigración galega non pode acceder en Venezuela por mor da grave crise económica e política que está vivindo o país. Do mesmo xeito, demándase habilitar unha partida orzamentaria para adquisición de material farmacéutico e de necesidades básicas para a colonia galega en Venezuela.

O portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Alejandro Manteiga, explicou que decidiron presentar esta iniciativa “despois de que varios veciños e veciñas nos comunicasen as necesidades que están pasando alí os seus familiares emigrados porque non lles resulta posible cubrir as súas necesidades básicas, aínda que dispoñan de cartos”.

Begoña Rodríguez Rumbo lembrou que os socialistas levan demandado no Parlamento de Galicia en varias ocasións que a Xunta incremente ata os dous millóns de euros anuais a partida para axudarlle á emigración en Venezuela, posto que os 150.000 euros actuais son claramente insuficientes. “O PP apoia as nosas propostas, pero ese apoio ten que ir máis alá da expresión dunha vontade e materializarse economicamente”, afirmou a parlamentaria socialista. A iniciativa presentada hoxe trasladarase tamén á Cámara Galega despois do verán, cando se reanude a actividade parlamentaria.

Xesús Pedreira incidiu en que “o que está en xogo é a supervivencia dos nosos concidadáns, de darlles acceso a artigos imprescindibles, non a luxos”. O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes asegurou que se trata “dun problema gubernamental”, a raíz da limitación de dereitos básicos que está impoñendo o executivo venezolano.

Ademais da grave situación que atravesan os emigrantes residentes no país americano, cómpre indicar que desde comezos de 2016 o goberno de Venezuela non fai fronte aos pagos que deben percibir os pensionistas e xubilados españois que retornaron. En Galicia, este colectivo fórmano máis de 3.500 persoas. A pesar de que Venezuela ten a obriga de efectuar os pagos mensuais en virtude dun acordo bilateral asinado con España, non o está facendo e ocasiona situacións de grave necesidade tamén entre as persoas retornadas, deixándoos sen acceso a servizos de emerxencia social ou quedando sen os complementos de mínimos da Seguridade Social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies