займ срочно

O PSOE de Ordes pide a cualificación BIC para 5 elementos patrimoniais

0

Ordes, 24 de novembro do 2017 – O PSOE de Ordes pedirá na próxima sesión plenaria que o Concello de Ordes inicie o procedemento correspondente para conseguir a declaración de Bens de Interese Cultural, BIC, da Ponte de Pereira, da Casa dos Maldonado, do castro da Margarida e das igrexas de San Paio e San Xiao.

“Ordes non ten ningún monumento declarado BIC e esa circunstancia impide que o Concello poida solicitar o 1% cultural do Ministerio de Cultura ou optar a axudas doutras administracións para conservación e mantemento do patrimonio cultural”, explica o voceiro municipal do PSOE de Ordes, Alejandro Manteiga.

O PSOE de Ordes propón como bens merecedores da cualificación BIC a Ponte de Pereira (construída no Idade Media), a igrexa de San Paio de Buscás (templo románico do século XII e reformada nos séculos XVIII e XIX), a Casa dos Maldonado (onde pernoctou Felipe II o 25 de xuño de 1554), a igrexa de San Xiao de Poulo (do século XII) e o castro da Margarida, en Buscás.

Outras demandas para o pleno

Os socialistas de Ordes pediranlle ao Concello que inste á Policía Municipal a controlar que os vehículos que usan as prazas reservadas a discapacitados teñan a tarxeta vixente e que viaxe no vehículo a persoa titular da devandita tarxeta. Alejandro Manteiga sinala que “titulares de tarxetas de estacionamento para prazas para discapacitados trasladaron á Agrupación Socialista de Ordes as súas queixas de que persoas que non son titulares destas tarxetas si que están ocupando prazas de aparcamento en Ordes reservadas para discapacitados”.

Finalmente, o PSOE de Ordes instará ao Concello a cambiar unha reixa de sumidoiro no Paseo Iván Raña, que se atopa en mal estado, atravesa o carril bici e pode provocar algunha caída. Ademais, pedirán que se solicite ao Ministerio de Fomento, como titular da estrada N-550, que instale un semáforo na rúa Alfonso Senra, á altura do antigo aserradoiro de Mirás. “Aló hai un paso de peóns perigoso xa que os vehículos que circulan por ese punto entran a moita velocidade e, en ocasións, non ven ese paso”, sinala o voceiro municipal socialista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies