O PSOE de Ordes o arranxo do parque infantil do Mesón do Vento

0

Ordes, 16 de novembro do 2017 – O Psoe de Ordes propón, entre outras actuacións, o arranxo do parque infantil de Mesón do Vento dentro do POS 2018.

O grupo municipal socialista de Ordes vén de presentar a súa proposta de actuacións para incluír no Plan de Obras e Servizos (POS) 2018 que convoca a Deputación da Coruña. O voceiro municipal do PSOE de Ordes, Alejandro Manteiga, salienta que se trata “dunha proposta que recolle as distintas peticións que nos ten realizado a veciñanza, que pensamos que son proxectos urxentes e que beneficiarían a un gran número de veciños de Ordes”.

A proposta socialista inclúe dous proxectos. O máis importante, orzamentariamente falando e por número de localidades e de veciñoss aos que beneficiaría, é a mellora do abastecemento e saneamento de auga nos lugares de Leira, Castrelos, Gouzón, Brumeiral, Codeseda, Castiñeira, Cano e Menlle. “Trátase dunha actuación ao longo da estrada N-550 e que beneficiaría directamente a máis dun cento de veciños e veciñas que na actualidade non teñen acceso a estes servizos”, explica Alejandro Manteiga.

Así mesmo, os socialistas tamén solicitan a mellora e adecuación á normativa vixente do parque infantil do Mesón do Vento. “Estamos falando dunhas instalacións moi antigas, cos xogos moi deteriorados e que non cumpre a normativa europea”, apunta o voceiro municipal socialista, quen entende que “os nenos e nenas do Mesón precisan dunhas instalacións en condicións, con novo chan e novos xogos adaptados á normativa vixente”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies