займ срочно

O PSOE de Ordes volve solicitar máis persoal para o centro de saúde

0

Ordes, 16 de xaneiro do 2018 – O PSOE de Ordes levará unha vez máis ao Pleno Municipal os problemas derivados pola falta de persoal no centro de saúde, que nesta ocasión afectan especialmente á área de Pediatría.

O voceiro socialista, Alejandro Manteiga explica que “Dende hai tempo están chegándonos queixas do tempo de espera ao que os pacientes están sometidos para ser atendidos, pero nas últimas semanas a situación está a ser especialmente grave nunha área tan sensible como é a de Pediatría e iso non se pode permitir”.

Manteiga recoñece que “Ordes non é alleo ao problema de falta de persoal que afecta á gran maioría do sistema sanitario público galego e que está a motivar longas esperas para os pacientes, pero o problema máis urxente é a necesidade de contar cun pediatra máis no centro de saúde, pois non é de recibo que nenos e nenas enfermos teñan que estar tres ou catro horas esperando para que ao final non os atendan e teñan que ir a Santiago”. Neste sentido, lembra que “os socialistas levamos anos denunciando as carencias de persoal e medios do centro de saúde de Ordes, primeiro con fisioterapia, despois con radioloxía e agora con Pediatría”.

Diabetes

Así mesmo, os socialistas de Ordes presentarán tamén unha moción para que o Concello inste á Consellería de Sanidade a facilitar un medidor de glucosa FreeStyle Libre aos diabéticos do municipio, especialmente ás persoas con diabetes tipo 1. Segundo os últimos datos, en Ordes hai unhas 800 persoas con diabetes.

Para que os pacientes poidan levar un control adecuado cos sistemas utilizados actualmente (medidores con tiras) son necesarios como mínimo 6 picadas diarias, ás que hai que engadir as catro que, como mínimo, son necesarias para a administración da insulina. Sen embargo, “o FreeStyle Libre é un medidor de glucosa que reduce considerablemente ese número de picadas xa que en cada escaneo obtén o valor actual de glucosa, os valores das últimas 8 horas e unha frecha que lle indica ao paciente cara a onde se dirixe a súa glucosa”, explica Alejandro Manteiga.

O voceiro municipal socialista indica que “veciños e veciñas de Ordes con diabetes fixéronnos chegar a súa reivindicación de que o Sergas facilite o acceso este tipo de medidor de glucosa financiando en parte ou o total do seu custo, sobre todo ás persoas que sofren diabetes tipo I, que teñen que administrarse constantemente insulina porque o seu corpo non a xera de xeito natural. Unha medida que xa se fai en Andalucía, Comunidade Valenciana ou Pais Vasco”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies