займ срочно

O Psoe de Ordes reclama un heliporto despois de que a nave de emerxencias acudira dúas veces o domingo

0

Ordes, 16 de agosto do 2017 – Non é a primeira vez que o Psoe de Ordes reclama un heliporto xunto ao Centro de Saúde e agora levarán a pleno unha moción.

A medida evitaría desprazar os pacientes en ambulancia ata o campo de fútbol de Vista Alegre, situado a máis dun kilómetro e medio, e reduciríanse os riscos que se producen nun traslado polas rúas da vila.

Os socialistas explican que o pasado domingo un helicóptero da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) tivo que acudir a dúas intervencións en Ordes, aterrando no campo de fútbol pola falta de heliporto. Alejandro Manteiga, portavoz municipal do PSOE en Ordes, explica que “as dificultades que crea a situación actual fan que a perda de tempo algunha vez, por desgraza, poida chegar a ser mortal”.

A petición dun heliporto a carón do centro de saúde, que comparte espazo co Punto de Atención Continuada (PAC), que da servizo a toda a comarca, xa fora efectuada polo PSOE durante o proceso de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado inicialmente polo pleno en marzo de 2016. Os socialistas lembran que naquel momento o goberno do PP prometera incluír un terreo para esa finalidade, pero finalmente non apareceu recollido nos últimos planos.

Trátase dun ‘esquecemento’ por parte do PP que o PSOE considera inadmisible. Os socialistas advirten de que se non se reserva o espazo aéreo necesario para o heliporto os terreos poderán utilizarse para outros fins, o que ao final impediría contar cunha instalación imprescindible para unha atención axeitada en situacións de emerxencia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies