займ срочно

O PSOE levará ao Parlamento a situación do sector téxtil de Ordes

0

Ordes, 17 de marzo do 2017 –  Os deputados socialistas Begoña Rodríguez Rumbo, voceira de Economía, e Abel Losada, voceiro de Industria, reuníronse co Comité do ERE do grupo téxtil Deus (Ordes). Un encontro celebrado a instancias da Agrupación Socialista de Ordes, cuxo secretario xeral, Xesús Pedreira, tamén participou na reunión.

Durante o encontro, as integrantes do Comité do ERE de Deus trasladáronlle aos deputados socialistas a situación que están a padecer nestes momentos, cun ERE de extinción de 103 traballadoras ás que a empresa lles adebeda varias nóminas. Os deputados socialistas comprometéronse a presentar varias iniciativas parlamentarias tanto sobre a situación actual do téxtil ordense e sobre a empresa Deus en particular, como sobre os plans que ten a Xunta de Galicia sobre o sector.

Neste sentido, dende a agrupación socialista ordense lembran que no 2012, “cando lle pedimos á Xunta a elaboración dun Plan Estratéxico para o sector téxtil da comarca de Ordes, xa advertiamos de que se perderan 332 empregos. Cos últimos casos estamos falando de máis de medio milleiro de persoas, xente nova que nestes momentos queda sen perspectivas de conseguir un traballo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies