займ срочно

O Psoe de O Pino solicita un pleno extraordinario sobre a mina de Touro

0

O Pino, 27 de outubro do 2017 – O PSOE de O Pino ven de rexistrar a solicitude dun Pleno extraordinario para tratar o asunto da posible reapertura da antiga mina de Riotinto no concello de Touro.

Os tres concelleiros, Begoña Pampín, Rocio Agra e Óscar Vilar, que forman o Grupo Municipal PsdeG-PSOE de O Pino asinaron a petición do pleno extraordinario. Tras unha asemblea celebrada o mércores, tanto a Agrupación Local como o Grupo, consideran necesaria a celebración da sesión.

O Psoe de O Pino quere saber, dado o interese xeral do asunto e as distintas inquietudes que está xerando, cales son as distintas medidas que se están a tomar dende o Concello. Os socilistas afirman que “unha vez rematado o prazo de alegacións, para os particulares, é o tempo dos consistorios e, tanto nós, como formación política, como os veciños carecemos de información, a cal, debería estar xa a disposición pública por parte do Alcalde”

O Psoe confía en que a convocatoria non se dilate no tempo, “aínda que iso depende do Alcalde, o cal, dispón de 15 días como máximo” segundo indican.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies