O Psoe de O Pino denuncia que o Sergas non cubre as baixas do Centro Médico

0

O Pino, 4 de agosto do 2017 – Os socialistas de O Pino denuncian que o Servizo Galego de Saúde, Sergas, non cubre as baixas por vacacións do Centro Médico do concello.

Según explican esta semana o Centro de Saúde só conta con un facultativo atendendo todas as consultas e as urxencias cando o servizo, un día normal, conta con tres médicos de medicina xeral.

Segundo indican, esta situación repítese ano tras ano, “na época do verán,

cando os médicos titulares marchan de vacacións, o Servizo Galego de Saúde non cubre as baixas. Xa o denunciamos o ano pasado, e tanto o Sergas como o Alcalde desmentiron tales feitos. Agora, non queremos escusas, e dende o noso grupo, demandamos a mesma asistencia sanitaria todos os días”

A denuncia dos socialistas ten especial relevancia nun concello como o de O Pino xa que é a última etapa do Camiño Francés polo que a falta de persoal supón tamén un problema para os peregrinos que en esta época chegan tódolos días ao concello.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies