O Psoe de O Pino reclama un ximnasio para o CPI Camiño de Santiago

0

O CPI Camiño de Santiago do concello de O Pino non conta con ximnasio propio. Esta instalación foi eliminada coa implantación da ESO e a ANPA o reclama desde entón.

psoe-o-pino-demanda-ximnasio-normal-26-novembro-2016_rO Pino, 26 de novembro do 2016 –  O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, tras petición do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de O Pino, leva, o vindeiro día 1 de decembro, á Comisión de Educación e Cultura do Parlamento Galego unha proposición non de lei para dotar o centro dun ximnasio.
Dende a implantación da ESO, o centro de O Pino, non conta con un espazo cuberto, propio, para poder realizar a actividade física. Actualmente, os alumnos e alumnas realizan a educación física no ximnasio municipal, que linda coa parcela do complexo educativo. O Grupo Municipal Socialista solicitou varias veces a cesión do ximnasio municipal ao CPI, sen contar co visto bo do grupo do goberno do PP, “cando, a escasos 400 metros o concello conta con un novo ximnasio municipal” afirman.
Outra alternativa, que manifestan os socialistas, sería realizar unhas pequenas reformas no actual patio cuberto, como; construcións de aseos, pequeno almacén, illamento térmico en tellado e paredes, dotación de chan acorde coa futura instalación e instalacións pertinentes podendo así converterse sen problema, no ximnasio demandado. Sendo esta unha vella demanda da ANPA e comunidade educativa.

Asemade, lémbranlle a Consellería de Educación que o Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, establece os requisitos mínimos dos centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria. Precisamente, o artigo 3.3 no paragrafo 3, obriga aos centros dispor dun ximnasio con unha superficie adecuada ao número de postos escolares”, apuntan.
Ante esta situación, O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, instará á Xunta de Galicia que a través da Consellería de Educación poña en marcha as medidas oportunas para que, ben a través da cesión do Polideportivo municipal anexo ou ben, a través da transformación do patio cuberto dote ao CPI Camiño de Santiago dun ximnasio como así obriga a normativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial