O Psoe de Tordoia reclama do alcalde información sobre o IBI

0

O voceiro socialistas de Tordoia, Carlos García lembra que o alcalde rexeitou en pleno a proposta socialista de bonificar nun 95% o IBI ás explotacións agrarias.

Tordoia. 20 de novembro do 2016. O voceiro do PSdeG-PSOE de Tordoia, Carlos García, solicítalle ao alcalde Antonio Pereiro “que deixe de enganar aos veciños e lles explique con claridade as razóns da estratosférica suba de impostos que están sufrindo, vía IBI e a través da regularización catastral, e que foi o Partido Popular quen puxo en marcha esta medida”. Pola contra, García insta ao alcalde popular a que “lles explique agora aos veciños as razóns polas que o PP de Tordoia votou en contra da proposta socialista de bonificar nun 95% o IBI ás explotacións agrogandeiras, tal e como están facendo outros municipios da comarca incluso do seu mesmo signo político”.

O voceiro municipal socialista lembra que as brutais subas da contribución que están a recibir os veciños e veciñas de Tordoia son froito da regularización catastral impulsada polo Ministerio de Facenda, a través da Dirección Xeral do Catastro. “É certo que o Concello de Tordoia non ten a culpa de que o Partido Popular e o señor Montoro decidiran subirlle a contribución a todos os españois, pero o que non pode facer o alcalde é faltar á verdade e culpar desa suba á Deputación, que o único que fai é cobrar ese imposto no nome do Concello de Tordoia”, explica Carlos García.

García explica que “agora que empezan a chegar os recibos con cargos de máis de 500 euros e a xente protesta é cando o señor Pereiro lles ten que explicar aos veciños por que os enganou na campaña electoral, cando dixo que non habería catastrazo en Tordoia, e por que os segue enganando culpando á Deputación de algo do que é responsable o Goberno do PP e do señor Rajoy”. Neste sentido, o voceiro dos socialistas insta ao Concello a atender con veracidade aos veciños e veciñas de Tordoia, deixar de mentir sobre a orixe desta suba e axudalos coa tramitación das apelacións ou bonificacións que sexan posibles.

Inacción do alcalde

Carlos García pídelle ao Concello de Tordoia que faga o seu traballo e solicite na Deputación que os veciños e veciñas teñan a posibilidade de fraccionar e aprazar o pago da contribución deste ano, para posteriormente informar á veciñanza desta posibilidade.

Finalmente, o voceiro municipal socialista lamenta que o Partido Popular de Tordoia votara en contra da proposta de bonificación do 95% do IBI para explotacións agrícolas e gandeiras propostas polo PSOE de Tordoia en maio deste mesmo ano. “Daquela se rexeitara a nosa proposta e se nos acusara de sindicalistas e de mentireiros”, lembra Carlos García, quen lamenta que “agora quen van pagar os enganos do señor Pereiro son os veciños e veciñas de Tordoia que en vez de pagar 15 euros por un alpendre, ao mellor teñen que pagar 300 euros. Isto demostra o que vimos denunciando dende hai tempo dende o PSOE de Tordoia: que o señor Pereiro ve este catastrazo cun afán recaudatorio para tratar de sanear as contas do Concello”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies