займ срочно

Pum, Pum! de Baobab Teatro este venres na Casa da Cultura do Milladoiro

0

Ames, 8 de marzo do 2018 – A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este venres, 9 de marzo, a representación da obra de teatro infantil ‘Pum, Pum!’. A peza de Baobab Teatro terá dúas sesións: unha escolar ás 12:30h, á que asistirá o alumando de 6º de Infantil da EEI do Milladoiro, e outra xeral, ás 18:00 horas.

A produción de Baobab Teatro S.L, está dirixida a un público maior de 5 anos. As entradas xa se atopan dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Así mesmo, tamén se poden mercar anticipadamente nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00h a 13:00 horas. O 10% das entradas resérvanse, como é habitual, para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

A protagonista de Pum, Pum! é Marieta, unha nena de cinco anos que está rodeada de portas, que se abren e contan historias que teñen música e que mesmo cantan cando ela quere. Porén, unha desas portas garda un segredo. Con Pum, Pum!, Baobab Teatro S.L presenta unha peza teatral acolledora, chea de tenrura, humor, moito simbolismo de conto e moita maxia, que conta, asemade, con diferentes técnicas como son os monicreques, o teatro de actor, as máscaras e as sombras. Ademais, o espectáculo ten música orixinal que é interpretada en directo.

Pum, Pum! é así un espectáculo que fala de historias cotiás que lles suceden ás nenas e nenos, mais que ao mesmo tempo tenta transmitir unha mensaxe moi clara: as crianzas deben saber desde que son moi pequenas que ninguén as pode obrigar a facer cousas que non queren. Deste xeito, o guión ofrece unha mensaxe de toma de conciencia para as nais e pais, para que inculquen as súas fillas e fillos a importancia dos límites e do consentimento. De igual maneira, a obra tamén pretende ser un pequeno pulo para que as crianzas que poidan ter sufrido este tipo de abusos, sexan capaces de expresalo e denunciar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies