Punto e final a Xogarzúa

0

O programa de conciliación de Arzúa desenvolveuse o longo das dez últimas semanas

Arzúa, 04/09/2016 – O Concello de Arzúa clausurou o seu programa de conciliación familiar e laboral Xogarzúa, despois de dez intensas semanas de xogos e actividades para os máis novos da casa.

final xogarzua 4 septiembre 2016_rA iniciativa, que contou cunha moi boa acollida por parte das familias do municipio, ofreceu este ano servizo a 57 nenos e nenas e aos seus proxenitores, ofertando un programa de actividades lúdicas e educativas.

O piar central nesta ocasión foi a historia e a investigación, convertendo aos participantes en detectives do tempo. Con esta temática buscouse espertar o interese dos nenos polo pasado e motivalos a ser máis analíticos e curiosos.

As actividades do programa contemplaron a solución de misterios e casos relacionados coa historia e a investigación pola vila e a contorna, sen esquecer o aspecto lúdico. Un dos piares centrais foi a creación dun museo con pezas significativas de cada periodo histórico, traballando dende a arquitectura e a pintura ata a moda ou a técnica e tecnoloxía.

dav

dav

A concelleira de Benestar Social de Arzúa, Aurora Varela, sinalaba esta mañá a importancia de que “dende os concellos se promovan este tipo de iniciativas que permitan ás familias con nenos e nenas do municipio contar cunha alternativa de ocio, lúdica e educativa, que lles permita unha verdadeira conciliación da súa vida laboral e familiar”. A concelleira manifestou, ademais, a intención do goberno local de “seguir promovendo éstas e outras medidas que axuden aos nosos veciños e veciñas a dispoñer dunha alternativa lúdica e educativa de calidade naquelas épocas do ano nas que se fai máis necesario, como é o caso da tempada estival”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial