PxA organiza esta tarde unha charla sobre a Revisión Catastral e súa repercusión en Ames

0

Ames, 11 de maio do 2017 – Esta tarde o Catedrático de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago Luís Miguez Macho dirixe unha charla-coloquio sobre a repercusión en Ames da Revisión Catastral

A cita organizada pola formación Pacto X Ames terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, as 20:30 horas.

Derivado do Plan Xeral do ano 2002, hai zonas de Ames que no Catastro teñen unha cualificación urbanística que está sen desenvolver pero están pagando o IBI (Contribución) como se estiveran desenvolvidos o que provoca que se faga unha valoración máis alta do que en realidade correspondería.

O Real Decreto Legislativo 7/2015, de 30 de octubre, que publica a  Ley de Suelo y Rehabilitación Urbana establece que “todo el suelo se encuentra, a los efectos de esta ley, en una de las situaciones básicas de suelo rural o de suelo urbanizado”. Esta situación está creando numerosas dúbidas aos propietarios de solos que no Plan Xeral teñen unha denominación totalmente distinta á contemplada na actualidade.

Coa organización desta charla-coloquio sobre a revisión catastral, dirixida polo doctor Miguez Macho, Pacto x Ames explica que quere colaborar a que todos os veciños poidan resolver as súas dúbidas sobre este tema.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies