займ срочно

O PXOM de Frades ten máis cerca a aprobación definitiva

0

Frades, 12 de setembro do 2017 – O pleno ordinario que se celebra hoxe aprobará a documentación necesaria para que o PXOM de Frades consiga o visto bo definitivo.

A sesión plenaria que se celebra aprobará á documentación modificada, polo equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para subsanar as deficiencias e recoller os requirimentos realizados pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia. Un trámite necesario para a aprobación definitiva do que sería o primeiro PXOM de Frades.

Na actualidade, a ordenación de Frades ten unicamente as Normas Subsidiarias e Complementarias da Provincia da Coruña, o que limita tanto o crecemento da zona urbana de Ponte Carreira como das vivendas unifamilares dos núcleos rurais. Estas normas xenerais tamén crearon diferenzas no ordenamento urbanístico do municipio que o PXOM de Frades resolverían. 

Na sesión plenaria aprobarase tamén a Conta Xeral de 2016 e a interposición dun recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza pola anulación das bases do concurso público para a solicitude dun posto de Secretaria Municipal. Unhas bases que foron recorridas polo colexio profesional de secretarios ao entender que o Concello non pode esixir nas bases do posto cuestións como que o secretario/a municipal debe saber utilizar un ordenador ou ter un coñecemento a nivel usuario de programas básicos como Word ou Excel.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies