Que andamos tramando? a USC aposta pola coordinación en investigación lingüística

0

Compostela, 5 de marzo do 2019 – Fortalecer vínculos e explorar vías de cooperación entre o persoal investigador en lingüística da Facultade de Filoloxía é a finalidade da acción Que andamos tramando?, unha iniciativa de docentes do centro que comezou estes días.

Que andamos tramando? consiste en dúas presentacións informais nas que un investigador/a predoutoral e un/ha doutor/a comentan aspectos das súas investigacións en curso, dando pé a un coloquio posterior coas persoas asistentes. Neste primeiro encontro participaron o investigador predoutoral Vítor Míguez Rego, que presentou aspectos da súa tese sobre a modalidade en galego, e María José Rodríguez Espiñeira, que falou sobre os denominados dativos de solidariedade no castelán de Galicia, en galego e noutras linguas.

A iniciativa xurdiu como unha idea de Francisco Dubert, María José Rodríguez, Xulio Sousa e Victoria Vázquez de facilitar a interacción e colaboración entre o persoal investigador do centro, que traballa sobre un amplo abano de linguas coma o galego, o portugués, o español, o latín, o grego, o indoeuropeo, o inglés, o francés, o alemán, o italiano, o catalán ou o romanés.

Os encontros realizaranse cunha periodicidade bimensual, de modo que o próximo se celebrará a finais do mes de abril. A participación, quer como asistentes, quer como poñentes, está aberta a profesorado e persoal investigador da Facultade de Filoloxía e tamén facultades que están a desenvolver a súa investigación no ámbito da lingüística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial